sábado, 21 de febrero de 2015

COIDA DOS TEUS


Alumnos deste colexio fixemos unha visita á Protectora de Animais de Vigo, sendo atendidos por Mónica Álvarez que nos informou de que nela conviven 500 cans e 50 gatos aproximadamente. Nesta institución traballan tres empregados, un veterinario que se encarga dos cans e outro que atende os gatos. Todos eles traballan para o concello que está obrigado por lei a ter unha protectora de animais.
Os traballadores encárganse da limpeza dos animais, a alimentación e o seu coidado diario. Segundo eles, o  labor máis importante é a esterilización dos mesmos para evitar que teñan crías.
A Protectora mantense coas subvencións e aportacións dos socios (que é moi pouco), polo que dende este modesto xornal convidámosvos a facervos socios xa que a cota mínima son 15 euros. Se queredes, podedes acoller un can para o cal é necesario abonar 60 euros en concepto de vacinas e microchip que é obrigatorio.
A nosa experiencia foi moi motivadora, e os cans e gatos eran moi cariñosos con nós, en especial a gata Paca.
Se queredes obter máis información, visitade a seguinte páxina web: 
http://vigomascotas.blogspot.com.es/



Xornalistas: Mikel Yáñez e Xacobe Müller