jueves, 26 de febrero de 2015

VAI DE NÚMEROS



Na clase de matemáticas estamos a ler un libro de Juan José Millás titulado "Números Pares, Impares e Idiotas", un libro sobre uns números tolos e extravertidos.
Persoalmente teño que dicirvos que o capítulo que máis me gustou foi o do número oito, que se tomaba "ochocolate" que o facía adormecer..... pero non quero continuar coa historia xa que dende aquí vos animo a ler este marabilloso libro.





Xornalista: Khadim Rassoul 

sábado, 21 de febrero de 2015

COIDA DOS TEUS


Alumnos deste colexio fixemos unha visita á Protectora de Animais de Vigo, sendo atendidos por Mónica Álvarez que nos informou de que nela conviven 500 cans e 50 gatos aproximadamente. Nesta institución traballan tres empregados, un veterinario que se encarga dos cans e outro que atende os gatos. Todos eles traballan para o concello que está obrigado por lei a ter unha protectora de animais.
Os traballadores encárganse da limpeza dos animais, a alimentación e o seu coidado diario. Segundo eles, o  labor máis importante é a esterilización dos mesmos para evitar que teñan crías.
A Protectora mantense coas subvencións e aportacións dos socios (que é moi pouco), polo que dende este modesto xornal convidámosvos a facervos socios xa que a cota mínima son 15 euros. Se queredes, podedes acoller un can para o cal é necesario abonar 60 euros en concepto de vacinas e microchip que é obrigatorio.
A nosa experiencia foi moi motivadora, e os cans e gatos eran moi cariñosos con nós, en especial a gata Paca.
Se queredes obter máis información, visitade a seguinte páxina web: 
http://vigomascotas.blogspot.com.es/



Xornalistas: Mikel Yáñez e Xacobe Müller

jueves, 29 de enero de 2015

MAESTRO DE ÓBOE


Resultado de imagen de oboeAínda que non é natural de Vigo, José Feliciano Carbonell Pérez é un dos poucos profesores licenciados en Óboe que temos nesta cidade. Imparte as súas clases no CMUS (Conservatorio Profesional) de Vigo, e moi amablemente adicounos uns minutos.
Xornal: Gustaríache dar clases nunha escola?
José: Non, neste país non se lle da á música a importancia que debería neste nivel educativo.
Xornal: Se tiveses a oportunidade de dar un concerto fóra do país, onde sería?
José: Quizais en París.
Xornal: Cal é o teu compositor favorito?
José: Sen dúbida, Johann Sebastian Bach.
Xornal: Cantos instrumentos tocas? Cales?
José: Toco catro instrumentos: o Óboe, o Óboe de Amor, o Corno Inglés e a Bombarda Bretoña.
Xornal: Moitas grazas polo teu tempo.
José: A vós.

Xornalista: Nicolás Narváez

viernes, 23 de enero de 2015

CARA A CARA CO DIRECTOR DA ESCOLA


O director do noso colexio, Alfonso Fernández, concedeunos unha exclusiva para o xornal da aula. A continuación reproducimos a entrevista completa.
Xornal: Cantos anos tiñas cando empezaches a traballar aquí?
Alfonso: tiña 23 anos.
Xornal: En que ano pasaches a ser o director desta escola?
Alfonso: no 1997 aproximadamente.
Xornal: es titor dalgún curso?
Alfonso: agora mesmo non.
Xornal: Gustaríache marchar a outro colexio a impartir clases?
Alfonso: Non!!!
Xornal: Que etapa é a que máis che gusta, primaria ou secundaria?
Alfonso: home, primaria!!!
Xornal: Se tiveses que deixar de impartir educación física, que materia elixirías?
Alfonso: pois me decantaría polas ciencias sociais, naturais ou coñecemento.
Xornal: Na actualidade sénteste cómodo sendo mestre do colexio Possumus?
Alfonso: Si.
Xornal: Grazas pola túa colaboración.
Alfonso: para iso estamos.

Xornalistas: Nerea Rodríguez, Xacobe Müller e Iria Gorrita

ENTREVISTA Á PROPIETARIA DE "DORES"


Dores é unha tenda de material de manualidades e artesanía (pinturas, xiz, vernices...). É a única tenda deste estilo que temos no barrio de Teis, de aí que nos resultase sumamente interesante entrevistar a súa dona.
Xornal: Que tipo de clases se imparten aquí?
Dores: temos unha gran variedade de actividades, pintura, manualidades, patchwork, bolillos e moito máis.
Xornal: Cal é a idade adecuada para vir ás actividades?
Dores: poden participar persoas de todas as idades.
Xornal: Cal é o horario das actividades?
Dores: Temos un horario flexible, tanto de mañá como de tarde.
Xornal: Realizades algún outro tipo de labor na tenda?
Dores: si, tamén restauramos, enmarcamos, vendemos obxectos e facemos decoracións.
Xornal: Grazas pola súa colaboración.
Dores: encantada.

Xornalistas: Iria Gorrita, Nerea Rodríguez e Xacobe Müller