domingo, 31 de enero de 2016

UN POETA NO COLEXIO


O alumnos de 5º de primaria do Colexio Possumus pasamos un ratiño con Antonio García Teijeiro, afondando nos seus intereses e gustos. Esta foi a nosa experiencia:

Xornal: Por que eres un apaixonado desta profesión?
Antonio: A poesía é a maneira máis fonda de expresar os Sentimentos da Vida. Facer dos versos, da palabra poética un xeito de crear emoción.a poesía chega moi dentro e logo sae ppara abrazar as persoas.
Xornal: Cal foi a túa materia favorita na facultade?
Antonio: A literatura. Ler historias que me conmovesen. Ler poemas que me sacudisen. Na literatura está a vida. A vida provoca situacións que as entendes mellor lendo.
Xornal: Cal foi a túa profesión antes de ser poeta?
Antonio: Eu son, fun e serei sempre mestre. Unha persoa que ama aos seus alumnos e que quere contaxialos para que gocen das cousas fermosas que lles dá a vida.
Xornal: Cantos anos tes?, tes fillos?
Antonio: Anos? Teño moitos, pero quero sentirme moi vivoo. Para iso desexo gozar das pequenas cousas. 
Teño dous fillos marabillosos: Antón e Noa. E unha neta, Libby.
Xornal: Gústache o noso colexio?, e os mestres? e claro esta, os alumnos?
Antonio: Levo tantos anos nel! Pois claro que me gusta, que o quero e que me sinto moi preto de alumnos e profesores.
Xornal: Grazas por atendernos e responder ás nosas preguntas.

Xornalistas: Lara Oliveira e Sandra Cabaleiro